Nueva convocatoria “Industria 4.0” para Pymes industriales gallegas.


 

igape, 13/11/2017

El plazo de presentación finaliza el 31/12/2018

Finalidad / Objetivo
Apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.

Tipos de apoyo
Contratos de préstamo que se instrumentarán entre o beneficiario e o Igape.

Beneficiarios potenciales

1. Aquelas pequenas, medianas ou microempresas, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo 1.
  • Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25% do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

Sectores incentivables

Para que o proxecto sexa financiable, a actividade que se desenvolva deberá ser algunha das incluídas dentro do concepto de nova industria:
CNAE 05 a 09: Industrias extractivas.
CNAE 10 a 33: Industria manufactureira.
CNAE 35 a 39: Subministracións de enerxía e auga e xestión de residuos.
CNAE 46: Comercio por xunto (e ao retallo) e intermediarios, excepto de vehículos de motor.
CNAE 49 a 53: Transporte e almacenamento.
CNAE 58: Edición.
CNAE 61 a 63: Telecomunicacións e actividades informáticas.
CNAE 69 a 75: Actividades profesionais, científicas e técnicas.
CNAE 80 a 82: Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas.

Requisitos principales del proyecto
O proxecto deberá presentar un custo financiable entre 100.000 € e 1.600.000 euros.

Investimento en activos fixos e o capital circulante estrutural baixo o criterio de selección de operacións do programa operativo Feder 2014-2020 para proxectos de investimento en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade produtiva ou investimentos necesarios para a mellora do proceso produtivo ou para a fabricación de novos produtos.

Polo menos o 35 % do custo total elixible do proxecto financiarase mediante un ou varios préstamos bancarios cun prazo de devolución igual ou superior ao préstamo do Igape. A dispoñibilidade deste financiamento acreditarase mediante unha certificación emitida pola entidade bancaria segundo o modelo do anexo 5.5 e/ou copia da póliza ou escritura de formalización da operación.

Cualificación requerida del proyecto
Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:
a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: Para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos resultantes de sumar os seguintes valores:

  • Aproveitamento de recursos endóxenos: máximo 30 puntos.
  • Xeración de novos mercados e potenciación da exportación: máximo 30 puntos.
  • Investimento en bens de equipamento: máximo 20 puntos. 2 punto por cada 10 % de investimento en maquinaria respecto ao custo financiable total.
  • O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: máximo 50 puntos.
  • Emprego vinculado: máximo 20 puntos
b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo 3, cualificarase ao proxecto nunha das seguintes cinco categorías: Excelente (AAA-A), Boa (BBB), Satisfactoria (BB), Deficiente (B), ou Mala/dificultades (CC).

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo 4, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: Alta, Normal e Baixa.

Inversiones o gastos computables
O proxecto deberá presentar un custo financiable entre 100.000 € e 1.600.000 euros.
Investimento en activos fixos e o capital circulante estrutural baixo o criterio de selección de operacións do programa operativo Feder 2014-2020 para proxectos de investimento en novos centros produtivos, ampliacións de capacidade produtiva ou investimentos necesarios para a mellora do proceso produtivo ou para a fabricación de novos produtos.

Polo menos o 35 % do custo total elixible do proxecto financiarase mediante un ou varios préstamos bancarios cun prazo de devolución igual ou superior ao préstamo do Igape. A dispoñibilidade deste financiamento acreditarase mediante unha certificación emitida pola entidade bancaria segundo o modelo do anexo 5.5 e/ou copia da póliza ou escritura de formalización da operación.

Cuantía de las ayudas
Condicións do produto financeiro:

  • O importe mínimo do préstamo será de 65.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros. En ningún caso superará o 65 % do custo do proxecto financiable.
  • O prazo de amortización será a 7 anos, incluíndo 1 ano de carencia na amortización de principal.
  • Tipo de xuro:
    - Tipo de referencia: será a media do euríbor a 1 ano do mes anterior á data da proposta de resolución da concesión do préstamo.
    - Marxe adicional: será de 0,1 puntos porcentuais.

O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

- Garantías: O Igape tomará garantías procurando manter unha posición similar á entidade financeira que conceda o financiamento complementario mencionado no punto D.5 do presente anexo. A garantía puntuarase conforme o anexo 4 comparativamente coa que obtería a entidade financeira.

Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

  • Que se esgote o crédito orzamentario para a respectiva modalidade de préstamo.
  • O 31 de decembro de 2018.

MÁS INFORMACIÓN